Beschrijving
EXCELENTE a LOMBARDA ecolóxica que chega das terras ourensás. As pezas son de aproximadamente 1 kilo. Para facilitar a compra facemos paquetes de media peza (en torno aos 500gr) É ideal para acompañar carnes de sabores fortes, pero tamén aves mais suaves. Encaixa moi ben con outros sabores doces, como a mazá ou as pasas, xa sexa en de forma en ensaladas ou cociñada. Uns conselliños: A súa conservación no caixón das verduras do frigorífico e envoltas nunha bolsa de plástico perforado é o modo máis adecuado para manterse en perfecto estado no fogar durante 2-3 semanas. A lombarda pódese consumir crúa, en ensaladas, pero tamén cocida, ao vapor, rehogada ou en crema. Iso si, se seguimos dous consellos sinxelos, gozaremos aínda máis dela: Se a imos a cocer, veremos que conforme pasan os minutos, o seu ton vai cambiando ao azulado. Se queremos evitar que isto suceda e que manteña a súa cor vermella, podemos engadir vinagre á auga da cocción ou algún outro mollo acedo, como limón. Evita os recipientes de aluminio para cociñala. A antocianina presente na súa composición reacciona con este metal e fará que a nosa lombarda quede de cor pardo.
Oorsprong
De producent bevindt zich in Paderne, A Coruña.
Houdbaarheid
8 dagen
Col Lombarda · 500 g
Seitura