Beschrijving
O lote de inclúe unha bolsa de chuletas e carne picada. Desenvolvemos un modelo gandeiro baseado no sistema tradicional: o pastoreo do monte co gando en liberdade –rabaños mixtos de vacas, bestas e porcos-, porque a mellor carne faise pacendo: Ten un aporte menor en calorías e, non obstante, maior en minerais e proteínas. En extensivo as densidades son baixas, mellora o estado sanitario e redúcense ao mínimo as medicacións. Non hai antibióticos en sangue. A carne mellora canto maior é o benestar dos animais. É máis saudábel grazas ao pastoreo en liberdade que de forma natural reduce a proporción das graxas malas ao subir a porcentaxe do omega 3 en relación co omega 6. A carne producida en extensivo é a que ten menos colesterol malo. As razas autóctonas teñen un crecemento máis lento, cunha fibra máis fina e menor retención de líquidos, dando unha carne máis firme, máis saborosa e co sabor de antes. O pastoreo, ademais, é a medida máis eficaz na prevención dos incendios forestais, fundamental para o mantemento da poboación de lobo, e reduce as pegadas de carbono e hídrica por kg de carne producida.
Oorsprong
De producent bevindt zich in Ouzande, Pontevedra.
Houdbaarheid
8 dagen
Porco celta: chuletas e carne picada · 1 kg
Explotación gandeira en extensivo Monte Cabalar