Chega de Ourense unha deliciosa remolacha ecolóxica con folla (que é deliciosa). A remolacha é unha das hortalizas máis doces e cheas de enerxía. Consumila axúdache a controlar a tensión e protexer o corazón. Todos os nutrintes, especialmente o ferro, asimílanse mellor cando a remolacha tómase en forma de zume. Desta planta pódense utilizar tanto a raíz como as súas follas verdes, que resultan excelentes, xa sexa crúas, escaldadas ou cocidas ao vapor, coma se fosen espinacas. A remolacha soa, tomada tal cal, ten un sabor demasiado forte, e por iso en xeral consómese acompañando ensaladas, ensaladillas, rallada ou cocida. En zume é mellor combinala con froitas ou verduras de sabor máis suave. Para gardalas é mellor conservalas no frigorífico, envolvidas nunha bolsa de plástico. Non se recomenda conxelar a remolacha porque se reblandece.

Il Produttore è situato a Paderne, A Coruña.

6 giorni

Remolacha · 500 g

Seitura