As pezas son de aproximadamente 1 kilo. Para facilitar a compra facemos paquetes de media peza (en torno aos 500gr) Esta col é un verdadeiro concentrado de nutrientes antioxidantes, contribúe á prevención do cancro e de enfermidades cardiovasculares. É rica en fibras e regula eficazmente o tránsito intestinal. O seu forte cheiro e o seu sabor moi intenso é debido ao xofre que a compón. Para evitar os malos cheiros hai un truco moi interesante: engadir fariña á auga da cocción. Tamén convén saber que a col é máis dixestiva e menos forte se é cocida ao dente, é dicir non máis de 20 minutos. En calquera caso, para aproveitar mellor as súas vitaminas, o ideal é comela crúa: en ensalada, mesturada con mazá ou apio, e condimentada cunha salsa a base de herbas aromáticas, por exemplo.

Aus Paderne, A Coruña.

7 Tage

Repolo Liso · 500 g

Seitura